sábado, 11 de julio de 2009
miércoles, 8 de julio de 2009
Cancións para atraer ointes
"Como se vai chamar a futura radio do cárcere da Lama?", preguntámoslle os nosos alumnos mentres uns e outros se van sentando neste quinto día de formación. "Hai un concurso de ideas aberto pola dirección do centro", respóndennos.
Todos están a maquinar na súa cabeza nomes e ideas. Tamén o fan para deseñar a grella da emisora.
Son moitos os contratempos aos que se enfrontan: Cantas horas debemos emitir? Repetimos os programas pola mañá e pola noite? Cando será o mellor momento para emitir un programa musical ou as noticias?
Nesta ocasión dedicamos a clase ten falar sobre estes temas. Todos son conscientes de que a maioría dos presos poñerían máis atención á radio se se emitisen os programas pola noite, cando se pechan as celas. "Aínda así temos que competir coa televisión e sabemos que iso será un grande inconveniente".
Juan de Sola, o coordinador do curso, explícalles que deben gañarse aos seus oíntes. "Un programa gancho que sempre triunfa é o de peticións. Dedicar dúas horas a poñer música a petición dos internos a bo seguro permitiravos darvos a coñecer a través do boca a boca".
Os membros do curso comezan a preguntarse uns a outros como poden facer para promover a radio que nacerá en breve: promocións, jingles en antena, promocións internas... todo vale para que non quede un só dos case 1.900 presos da Lama sen saber que se puxo en marcha unha emisora no centro penitenciario.
Recomendámoslles que fagan programas musicais "pensando en todos" e non só nos gustos que un ten, xa que na prisión hai internos de máis de 50 nacionalidades distintas. "Sei que vai ser complicado pero para iso estamos aquí, para buscar solucións a calquera problema e conseguir que esta radio se converta nun referente e en aire fresco para os internos,".
Despois do parón de vacacións, a finais de agosto, volveremos analizar cos membros do curso a grella da radio. Pero antes de despedirnos deles queremos facer unha práctica: pedímoslles que introduzan un texto ao seu xeito, dando así renda solta á súa capacidade creativa. O resultado vostedes pódeno escoitar neste blog. Cada preso soubo darlle a súa visión persoal a un mesmo texto. Que o gocen!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)